As palabras levounas o vento...

Mais hai verbas que sempre quedarán reflexadas...

18 may 2008

Letras galegas 2008



Ise neno da rúa
Non é certo que os nenos teñan fame

Non pode ser.

Ben o sabedes todos os que andades no mundo atafegados á percura do pan dos vosos fillos

Ises outros que vedes pola rúa pedindo esmola, non teñen fame, non, porque daquela vos teríades morto de vergonza.

E ben vos vexo andar nos vosos coches ou nos tranvías, a berrar de cousas estranas,

-¡viva, beba, baba, buba¡-
sen reparar naquil esfarrapado que coa moura mauciña está petando na porta de ferro.

Por iso penso que non é verdade o que algún caviloso di dos nenos que andan así petando pola vida

-¡Non, home, non¡- lle dixen a un de aqueles-
A xente pasa leda......

¡Fora boa que andivesen a rirse dos seus crimes¡

No hay comentarios.: