As palabras levounas o vento...

Mais hai verbas que sempre quedarán reflexadas...

23 feb 2009


Se miras ao redor non ves nada claro, máis ben un cúmulo de cousas invaden a habitación. os calcetíns peléxanse coas botas e da maleta escapa algunha que outra prenda desas disque de vestir...23:49. boa hora. ao mellor sería bo pensar en durmir malia todo o que acompaña a estampa dun cuarto que ademais non ten persiana. españolitos repitiu hoxe marcos, o redactor de economía de T5. Todos os españolitos querían unha tele de plasma, e mercárona, eso sí a base de hipoteca. cada día que transcurre caese un calcetín máis ao chan, aínda así os que máis me gustan son os de raias, esos non me importa que caian...

17 feb 2009

As palabras levounas o vento

Din que o tempo cura as heridas. nestos días cheguei a conclusión de que non, o tempo non as cura. o tempo non fai que esquezamos aquelo que se enredou e que so fixo que xogasemos un rol. o meu rol tivo aspecto camaleonico. de victima, de víbora, de dura, de débil...ate que un dia decidiu que non había que xogar máis que o mellor era enterrar o meu papel e deixalo alí, olvidado, esquecido, nunha esquina. pensei en ir a buscalo mais dunha vez, en cambiarme rapidamente e de novo xogar ao disfraz. mais penso que é absurdo. as veces queda un alo de ilusión. as veces deixome levar polo que me conta a imaxinación, polo que ela quere inventar e ademais creer. mais sei que só e eso imaxinación. ás veces acompañan as lagrimas. a necesidade dun perdon ou os momentos xuntos. os bos e os malos. nos que me rin e nos que chorei. as palabras levounas o vento.

7 feb 2009

Le faltó la ilusión

comecei a escribir esto no seu dia..fai xa case tres semanas...sin embargo non fun quen de rematalo. tiven sempre o titulo moi claro "le faltó la ilusión". só a vin sorrir un día, a súa faciana semellaba estar fora de sí, ese día tiña ganas de vivir, de facer cousas, de sair. baixei no ascensor con ganas de lle dicir que me gustaba vela así, que era outra. nunca llo dixen. Hoxe penso que lle faltou a ilusión. ogallá a recupere.