As palabras levounas o vento...

Mais hai verbas que sempre quedarán reflexadas...

30 jun 2008

El arco iris naranja y rosa


Dejamos las bufandas a un lado, los abrigos y las capuchas. 9 meses dura un embarazo, duró el tuyo, el de tu madre y el de tu abuela. 9 meses dan para mucho. Las cámaras de televisión grababan un capítulo de Hermanos y Detectives el primer día que osé cruzar el portalón oxidado de la Casa Encantada, la casa encantada envuelta de naranja y rosa. Más tarde descubriría que eran los colores de las ventanas, de las puertas, de los brazos, de las piernas, de las manos, en definitiva los colores del rostro de la casa.
Tardé en llegar a entender a qué se dedicaban allí dentro. Usaban un lenguaje que desconocía, no era inglés, tampoco francés, ni siquiera era lengua románica. Entender a un vasco, era más sencillo para mí. Millones de SAP, SOA, OUTSORCING, SOFTWARE FACTORY, ERPS, BUSINESS INTELLIGENCE, y demás objetos voladores no identificados… comenzaron a dispararme cañones de pólvora en forma de mensajes indescifrables.
Sin embargo, todo se disipaba con el calor que desprendía la casa. Desaparecieron los miedos y poco a poco me sentí un miembro más entre los individuos de naranja y rosa. Empezamos a vestirnos todos iguales, si uno se ponía el pantalón naranja rápidamente el individuo del ordenador de enfrente gritaba que quería la camiseta rosa. Nos gustaba la combinación. Nos gusta la comunicación. El naranja y el rosa. El rosa y el naranja. Llegamos a conseguir las proporciones perfectas de la mezcla.
A veces el pincel caprichoso y osado gustaba de colorear más un lado que otro, de optar por uno de los tonos, pero en la diversidad está la riqueza de la casa.
Individuo1 + Individuo2 + Individuo 2+ Individuo 4...podría seguir enumerando individuos pero sería innecesario, todos forman el equipo. El batallón anaranjado edulcorado en tonos fucsias.
La confianza de la casa aumentó y comenzaron los escupitajos de colores. Se producía día a día un intercambio de colores en la tercera planta que suponía la luz que necesitaba la casa.
El tiempo pasó y la casa sigue adelante. Es necesario que los individuos roten y que los escupitajos de colores se intercambien para poder seguir creando el arco iris, el arco iris naranja y rosa.

29 jun 2008

Muitos Parabens Espanha

¡Muitos parabéns, Espanha!
Data de publicación:
Domingo 29 de xuño de 2008

http://www.lavozdegalicia.es/opinion/2008/06/29/0003_6945484.htm?idioma=galego


O balón desta Eurocopa é de lunares negros. Deseñouno Adidas para o torneo que acariña España. Cando corre polo céspede recorda ao que se popularizou nos mundiais dos setenta: trinta e dúas pezas de coiro cosidas a man, doce delas pentágonos negros. O equipo que mellor toca ese novo balón, en cambio, non ten lunares, nin Raúles, nin Ferros. Son por vez primeira en moito tempo só un equipo, ao cabo o máis transcendental no fútbol ou na vida. Fai case trescentos anos que Dumas xa o resumiu: «Un para todos, todos para un». O sentido gremial da selección española fíxoa poderosa, e a sutileza coa que move o balón, mortal para os que ten enfronte.
A fusión española de xogadores, cada un do seu pai e da súa nai, sobre os campos austríacos axitou tamén un sentido gremial nos telespectadores. De súpeto, vascos, andaluces, cataláns, madrileños, galegos... han reconquistado a bandeira de España, da que se apropiou o PP en exclusiva durante o aznarismo e as súas secuelas. A mesma que a da final de París de fai 24 anos contra os franceses, aínda que o seu simbolismo diluíuse bastante respecto daqueles tempos case preautonómicos.
O fervor desatado por Aragonés e os seus entre millóns de españois ten noqueados aos nacionalismos periféricos. O presidente do PNV, Íñigo Urkullu, dixo antes das semifinais que el ía con Rusia. Puigcercós, dirixente de Esquerra, que o seu corazón estaba con Turquía. Quintana, coa vantaxe de dicilo cando España xa era finalista, foi máis hábil: o seu mal menor é que hoxe gañemos.
Cos rusos non xogan vascos, con España faio Xabi Alonso. Os turcos tampouco aliñan a cataláns e menos a malabaristas como Xavi Hernández ou Cesc. á marxe de darlles un nada sentido pésame, Urkullu ou Puigcercós son só liñas tortas, lunares negros na historia de amor co fútbol que comezou a escribir a selección. Os muros de palabrería que levantan os políticos non lles deixan ver máis aló das fronteiras, onde o equipo de Aragonés conquista adhesións. Os portugueses dannos parabéns e van cos nosos esta noite, os ingleses tamén e case todos os afeccionados do mundo aos que noutros torneos cegoulles o virtuosismo de Brasil ou de Holanda.
Agora, por fin, tócalle a España non só chegar á final da Eurocopa, senón tamén erixirse por méritos propios nunha firme candidata a gañar o Mundial do 2010, en Sudáfrica, o cal nunca antes ocorrera. O grupo de xogadores españois reunido por Aragonés non é flor dun día, senón que fará sufrir varios anos a todos os cohibidos que renegan do mellor equipo do torneo pola cor da súa bandeira. Aínda están a tempo ata as 20.45 de cambiar de bando.

1 jun 2008



Apretou as súas mans. Xuntou os dedos un a un. Entrelazounos. Pechou os ollos. Tris, tras. Antón xirouse de súpeto, virouse sen tempo para pensar. Ela comezou a inflar o globo. Todo estaba como María o deixara, colocado, limpo, puro, virxe. De fondo soaba o piano, in crescendo, con máis forza que de costume. Sonata nº 17 “tempest”. Allegretto, in crescendo, con máis forza, con máis ímpetu. Ludwig Van Beethoven. Todo comezou a moverse. El comezou a estremecerse. Ela apretou con máis forza as súas mans. O piano cobraba vida por si mesmo. A marcha Triunfal de Tarpeja encheu de vitalidade o salón. Antón subiuse ao sofá, colleu o sombreiro de seu avó e co paraguas de María convirteuse no gran cabaleiro. O globo seguía a se inflar cando algo cambiou o rumbo da tarde. Baglatela nº 25. Para Elisa. Delicada, suave, pausada, arrepiante nalgún dos seus compás. O nerviosismo saltou a escea, apretou as súas mans. Comezou tamén a tocar, agudizou o ton. O berro consumido pola angustia voou. E recuperou o compás, tararararararararaaaa, tarararaaaa, tarararaaaa, tararararararararaaa, tarararaaa, tarararaaa, tararara, tararara, tararara, tararara…Para Elisa. As mans ían soas, a liberdade era unha sensación que a invadía, por dentro e por fóra, nunca tan preto do piano. Nunca tan lonxe. Sempre lle gustou Elisa, estivo enamorado dela dende que era un rapaz, dende que aprendeu a sumar na escola, dende que pintou o seu primeiro pentagrama, dende que soubo que a escala de re maior nunca tería ningún senso. Dende que o la, seguiu ao sol. Dende que o mi, foi a nota máis odiada da escala musical. Dende que o si foi a envexa que o corroeu por dentro. Sabía que dun momento a outro o piano pararía de soar. E seguía apretando as mans. Entrelazando os dedos, un a un. Antón pintou a clave de sol. Comezou pola parte de abaixo, como sempre, como lle gustaba facer. Entón soou Fidelio. Entón chegou o silencio. Todo estaba como María o deixara. Asustouse de novo. Non soubo entender o allegro.
Puxo as mans nas orellas, quixo parar de escoitar. Tirou o sombreiro. Abreu o paraugas e comezou a berrar. Berrou o máis alto que puido para non escoitar, aplaudía, berraba, reía, todo ao mesmo tempo. Todo para non escoitar.
Choraba, reía, berraba, cantaba, falaba.
De novo Antón, xirouse de súpeto, sen tempo para pensar.