
Sempre fun experta en mudar as facianas. Sorrir ou chorar, finxir ou enmascarar. Malia nunca co obxectivo de falsear a ninguén, so pra falsearme a min mesma. O camaleón acompañoume xa máis dunha vez, en máis dunha liñas tamén...eu que sempre pensei que o golfiño era o meu animal favorito...
Días de tranquilidade, sempre collida polas patas. Días azuis. Días grises. A reflexión tamén me leva á incomprensión, incompresión e incredulidade do que pode ocorrer en tan só un mes. As salpicaduras diarias convértense en estupides cando te chocas co que nunca te quixeches chocar, con ter que decir un adeus, cando só dicias astalogo.
Pensar que non é xusto nestos días azuis, ou nos grises, tampouco serve de nada

