As palabras levounas o vento...

Mais hai verbas que sempre quedarán reflexadas...

18 may 2009

Verbas


Ao mellor non sirvo para esto. O señor do piso de enriba pechou a ventá e xa non poido ver a lámpara marrón, redonda, antiga pero que gosta de ser moderna.
Ao mellor é bo deixalo aquí, neste preciso intre malia que de cando en vez che entre o formigueo de levalo cara diante.
O patriotismo do día de San Isidro esquécese na romaría, como unha calquera, coma unha de Galiza pero con claveis e boinas. Enfréntase o santo ás manifestacións na procura da liberación dos palestinos e na mellora das condicions dos emigrantes, quizáis Isidro, o santo, lles bote unha man…ou ao mellor decide quedarse entre roscas e chotis…
Antonio Vega pasa a vida mellor e aquí envólvese en papel de ouro. La chica de ayer asomouse por última vez á sua ventá. Eu tamén me quero asomar.
As cortinas amarelas deixan pasar a luz do meu cuarto e entre roupas tiradas, papeis e algunha que outra cousa non desexable transcurre a miña xornada. Luar na lubre está de fondo, ao mellor é morriña..ao mellor é ganas de pensar nos que non están. Melodías pues no lo sé. Mezcolanda, pelexa, indecisión, indeferencia combatendo a ilusión. Todo nun, un é todo. Sin ela triunfarei. Melodías pues no lo sé. Si saldréi desta aventura ou si en ela morrerei.

No hay comentarios.: