As palabras levounas o vento...

Mais hai verbas que sempre quedarán reflexadas...

19 may 2009

A nosa batalla



Quero non sentirme máis lonxe de ti do que realmente estamos. Fai uns minutos decidín rencontrarme de novo no punto “donde la locura alcanza su sentido”. Moitos meses despois, hoxe algo se removeu en min unha vez máis. Escribes para olvidar. Coller o bolígrafo, o lápis ou a computadora co obxectivo de esquencer, de esquencer algo que se mestura entre verbas e máis verbas. Escribes para non chorar, mais choras escribindo, choras escribindo polo que procuras que quede soterrado na memoria ou choras escribindo o que nunca pretendes borrar.
Ás veces non funcionan as tildes nas computadores, pero ahí non radica o chamado clímax.
Con papel e lápis semella máis doado abrir o caixón, o caixón de sastre que garda un pouco de todo e un moito de nada. Voltas e voltas ao absurdo e ti incomprendendo o incomprendíbel. Eu cos ollos medio pechados, e ti medio abertos. É verdade, non é o mesmo.
A loita interna debátese co sorriso de minutos inesquecíbeis. A loita interna debátese coa explosión de sabores de olores e sí, tamén de sentimentos. A loita interna debátese entre dous que realmente son un. A loita interna debátese entre a confianza e o medo a abandoar o seu propio demo.A loita interna xogámola os dous, pero o combate final teño que vencelo eu sóa.
Non escribes para chorar pero ás veces as lágrimas ganan a batalla. A nosa batalla.

No hay comentarios.: