
Conteicho un día. Hoxe é un deses. Agacho a cabeza para coller o bolígrafo vermello que apenas empreguei nos últimos días, crúzase a mirada co negro dos meus pes. Pisan o chan. As caixas peléxanse coas maletas, as perchas deciden aliarse co meu boneco disfrazado de can, e noutro frente estou eu. Marx Antología, poido ler entre liñas. A súor quere pelexar tamén e decide pechar a porta. Con todo pechado, o ar está demasiado cargado, quizás será por iso, pensei. Máis ben quixen pensar. Dende os 5 metros cadrados nos que me atopo retida, non sei si voluntaria ou involuntariamente, oigo os pasos das escaleiras, cada vez máis preto, cada vez máis suaves, máis a modo, máis ilexibles. Son pasos ilexibles para min, os pasos están manchados de negro, será o chan que non esta limpo, quizás será por iso, pensei.
A piques de rematar, parar, adoecer, berrar, correr, ou máis ben fuxir, todo reviste nun punto fixo da ollada. É negro, pequeno, estreito, ten algo con tintes lilas. De súpeto, pasos de novo, ahora aumentan a intensidade, soan chaves, e un portazo dá a benvida cun ola amargo que abre a miña fronteira. Rómpese a barreira entre os movementos e o son. Acompasados.
Nunca me gustou Jonhy Deep demasiado, nin moitos dos seus filmes, algúns nunca os cheguei a ver aínda que a repercusión mediática me faga coñecelos de primeira man. Piratas del Caribe. Nunca estiven tan cerca dunha peli de corsarios, de piratas e de loros parlanchíns como o vínculo que agora me une a ela. Absurdo, tonto, burdo e incluso ridículo. Cando soa a banda sonora da película de Orlando Bloom e Keira Knightley, liderados polo Frankestein de fin de século, o inesquecible Eduardo Manos Tijeras, algo se revolve dentro do meu corpo. Ao mellor Jack Sparrow non é quen de entender o que lle transmito. Eu tampouco.
Ao mellor simplemente se trata dunha conquista dun dos maiores tesouros, que ningún dos corsarios puido endexamais imaxinar. Ao mellor significa moito máis que o tesouro en sí.
Este ano verei Piratas del Caribe, e fareino con Jack Sparrow.


No hay comentarios.:
Publicar un comentario