As palabras levounas o vento...

Mais hai verbas que sempre quedarán reflexadas...

2 abr 2008

Puta Marbellización

SIMA, Salón Inmobiliario Internacional de Madrid. Logo din que os galegos non saen de Galicia, logo din que os galegos non se saben promocionar, logo din que os galegos non saben procurar os seus beneficios. E eu eu digo que “algúns”. En pleno apoxeo de boom urbanístico, aínda que hai quen comezou xa a cambiar o pé do pedal do acelerador bruscamente cara o do freo, armados de pico e pala pero coa gravata en tonos fucsias, que tamén sabemos ir á moda, chegan con maletín e cheos de expectativas os constructores mariñáns á capital dese país que chamamos España.
O recinto ferial de IFEMA contará os vinderios días de abril con presenza galega, e os municipios da Mariña pisan con forza na capital do Estado. O pobo de Pepito Rivera segue para diante na aberración urbanística que arremete minuto tras minuto, día tras día e verán tras verán, elevada a máxima potencia. Eso sí, os turistas están encantados, e sobre todo os de Madrid. Foz con 443 vivendas é o municipio lucense que terá unha maior presenza en SIMA, e lonxe de ser un gran dato, para min é unha verdadeira derrota. Corren malos tempos para a nosa costa, e a marbellización parece ser algo imparabel. ¿Máis porque ten que liderar Foz o imperio da masificación, da construcción, da edificación? O municipio lucense con maior presenza no Salon Inmobiliario de Madrid. 443 vivendas frente ás 31 de Burela, ás 132 de Barreiros, ás 220 de Ribadeo, ás 284 de Viveiro. Construímos edificios e multiplicamos supermercados. Esquecemos os servizos básicos, a calidade de vida.
“ A Mariña copa o 35% da oferta galega de pisos na feira de Madrid”, titula, La Voz de Galicia. Pisos que case ningún Mariñan pode xa mercar, pisos feitos para os de fóra, maleficio da invasión, conxuro da explotación. Arrepío e fervor, asuntos dos de gravatas aliñados e achegados sempre a cor política do sol que máis quenta, e con isto do cambio climático en Galiza o sol pega máis que a choiva.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

ihaveafriendincanada.blogspot.com

Anónimo dijo...

acabouse a mariña de praias virxes ás que aínda custaba un chisco acceder; a mariña de rúas onde o sol petaba a todas as horas do día ou a mariña na que os parques ocupaban máis terreo có asfalto. esa mariña, mal que nos pese está adormecida. tan só nos queda a esperanza de que esperte canto antes para salvar o que aínda nos queda daquela mariña que era a combinación perfecta do verde da terra e o azul do mar.