
Palpita, acelérase o seu ritmo mentres que a suor se extende por todo o seu corpo. Escupe o seu sangue contra o espello, a garganta berra, ergue o que queda da súa voz e cae rendido na súa cama. Abre os brazos, deitase de costas e comeza a conta atrás. O desengano vence de novo ao engano e xuntos loitan por non volver atrás. O vermello tingue a súas sabas e percorre todo o seu corpo. Comeza un formigueo dende os pes que lle fai estremecerse. Entón recorda o que endexamais debeu esquecer. Decide entón sumerxirse nesa nova dimensión que mañá a recollerá aos pes da súa cama e que mudará o vermello por un verde que a fará cambiar. Gardará no seu peto, no esquerdo, un pedazo do espello que partiu, porque non é supersticiosa, e os 7 anos de mala sorte quedan xa agochados no caixón que nunca debeu abrir, e que dende mañá queda pechado coa chave que ela decidiu tirar no seu mar.


No hay comentarios.:
Publicar un comentario